Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Cinema de Historias” achega á pioneira Alice Guy aos escolares de Pazos

espectaculoCinema

Dentro das actividades co gallo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, Pazos organiza un espectáculo que mestura o teatro e o cinema. “Cinema de Historias”, coa actriz Raquel Queizás, pretende divertir e espertar nas nenas e nos nenos “o amor polo cine, descubrirlles o poder que teñen as imaxes e o cinema para transmitir historias”. A cita é mañá mércores, día 10, ás 13.00 horasno Auditorio do Concello. Será a propia Alice Guy, a nai do cinema, a que esperte a curiosidade dos asistentes pola orixe da sétima arte. Como tantas outras, Alice Guy foi unha muller inxustamente esquecida. Foi a primeira persoa en dirixir cine de ficción contando unha historia, ademais foi actriz, guionista, cámara, produtora, maga e moito máis.

Raquel Queizás, actriz e contadora

As actividades en Pazos de Borbén continuarán o venres, día 12. Trátase doutro contacontos retransmitido en liña en lingua galega e lingua de signos titulado “Rosa Caramelo” e que levarán a cabo Aranzazu Casas e María Costa de ContAZ Lingua de signos. Baseado no álbum ilustrado de Adela Turín, conta a historia de Maragarida, a única elefanta do grupo que non consegue ter a pel rosa caramelo. Ela quere ter “a mesma liberdade que os elefantes varóns e xogar sen limitacións”. A actividade, organizada pola Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela en colaboración con BiblioPazos, retransmitirase nunha primeira emisión ás 13:00 horas para os escolares de Infantil da EEI “A Galeriña” de Nespereira e do CPI “Curros Enríquez” de Pazos. Tamén poderán seguilo os usuarios da Asociación ASPAVI. A partir das 18:00 horas dese mesmo día retransmitirase unha segunda emisión para que o conto poida ser visualizado polo público e familias que se conecten a través da páxina de Facebook da Biblioteca.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará