Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os rapaces de Redondela participan nas decisións municipais a través do Consello da Infancia

consello da infancia

Mellorar a accesibilidade nos parques infantís, iniciativas no hábito da contaminación e reciclaxe de de máscaras ou medidas para poder axudar á hostalería como un dos sectores máis prexudicados na pandemia, son algúns dos temas nos que traballaron e traballan os doce participantes do Consello da Infancia de Redondela, que fan un chamamento á rapazada a que se anime a participar para conseguir que as súas iniciativas teñan máis peso e se poidan converter nunha realidade.

Que os máis novos dean a coñecer as súas necesidades e presenten iniciativas para mellorar a súa calidade de vida, é o obxectivo deste órgano consultivo e informativo que funciona en Redondela dun xeito máis activo dende decembro do pasado ano como nos explica a súa dinamizadora Carina Bouzada.

Dinamizadora Consello Infancia, Carina Bouzada

Agora busca ampliar o número de participantes para formar un grupo sólido que permita avanzar en novas propostas, que ata o momento xa tiveron plasmación no parque de calistenia situado ao carón do pavillón da Marisma ou en favorecer que os parques infantís do municipio sexan lugares accesibles para persoas con diversidade funcional. Un consello que segundo Xiana Fernández, unha das súas participantes, permite que os rapaces de Redondela tamén teñan voz e poidan aportar ideas para mellorar as súas vidas.

Participante, Xiana Fernández

Xiana anima á rapazada a participar xa que é unha experiencia “enriquecedora” que permite coñecer a xente nova e outras perspectivas ademais de ser unha oportunidade para facer propostas interesantes. O único requisito, ter entre 8 e 18 anos e estar empadroado en Redondela.

Participación Consello da Infancia

Na actualidade, a situación sanitaria obrigou a que as xuntanzas do Consello da Infancia se realicen en liña pero a intención e que cando a situación se normalice volvan ser presenciais. Unhas reunións que na actualidade celébranse os venres, cada dúas semanas, e que teñen unha hora de duración.

Todos aqueles que desexen participar só teñen que escribir a participacion@ateliersocial.org ou chamar ao número de teléfono 604 086 970.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará