Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela celebrará unha fin de semana intensa de remo

RemoChapela

As augas de Arealonga acollen esta fin de semana a XII Bandeira do Porvir de Bateis e a XXV Bandeira Concello de Redondela, nos dous casos organizadas polo Club de Remo de Chapela. Os deportistas aínda terán antes outra cita xa que o venres, co gallo da festividade de San Xosé, dispútase a XX Bandeira Concello de Vigo Memorial Leni en Teis. Nas dúas citas que se disputan o sábado e o domingo en Chapela participarán todos os clubs da Territorial Sur “con entre 500 e 600 deportistas de todas as categorías masculinas e femininas” como explica Julio Prado, presidente do C.R.Chapela.

Julio Prado, presidente do club de Remo Chapela

O remo galego está inmerso na temporada de bateis coa que a arranca a campaña, e o C.R. Chapela está a facelo cun gran éxito de participación e resultados. Na estrea da competición as remeiras do club redondelán proclamáronse campioas da Bandeira Concello de Cangas, e quedaron ás portas na regata celebrada na Guarda logo de empatar a puntos con Samertolameu. Uns excelentes resultados, con varios podios tamén nas categorías masculinas, que son froito do traballo e da ampla canteira coa que conta este ano o club.

A campaña de bateis comezou con éxito para o club redondelán

O club bate este ano marcas de participación, cun cento de fichas de deportistas en categorías inferiores aos que hai que sumar as licencias en categoría sénior que aínda están sen pechar. Todo apunta que superarán os 150 deportistas federados, e por primeira vez competirán en todas as categorías de bateis cun total de 20 equipos.

Esta temporada o C.R. Chapela bate marcas de participación
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará