Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello de Redondela denuncia actos vandálicos en parques e mobiliario ante a Policía

parque ventosela 02

A última das agresións producíase no parque infantil de Vilar do Mato, en Ventosela, onde varios dos elementos de xogo aparecían con pintadas. As autoridades locais piden a colaboración da veciñanza para rematar con estas “actuacións incívicas” que “dana o patrimonio de todos”.

O Concelleiro de Parques e Xardíns, Alberto Álvarez, presentou este martes, 23 de marzo, unha denuncia ante a Policía Nacional dando conta dos actos vandalismo que sufriu a área infantil de Vilar do Mato, na parroquia de Ventosela. Pintadas en elementos multixogo, con diferentes nomes a modo de sinatura, entre elas, a máis lexible, a de ‘Peco’. O edil asegura que o acto vandálico detectado en Vilar do Mato “non é un caso illado” xa que este tipo “de actuacións incívicas” non só se están a producir nos parques infantís “senón tamén sobre o mobiliario urbano”. Ademais de en outros espazos como a instalación artística da praia da Punta, cuxos colectores aparecían a comezos do mes de marzo con pintadas azuis facendo irrecoñecible a obra da artista Alba Casanova.

Dende o goberno local fan un chamamento á colaboración veciñal para que denuncien este tipo de actos vandálicos nos espazos públicos, que a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, lembra “supoñen un prexuízo económico que repercute no peto de todos e cada un de nós”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará