Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno demanda a transferencia da AP-9 a Galicia e a supresión da peaxe de Rande

foto pleno

O pleno da Corporación municipal de Redondela aprobou por unanimidade a moción presentada polo BNG para esixir ao Congreso a transferencia a Galcia da AP-9 e a supresión da peaxe no tramo Redondela-Vigo. NA sesión, celebrada onte de xeito telemático, tomou posesión como concelleiro Xosé Manuel Vila, que pasa a formar parte do goberno de coalición en substitución de Susana Couñago.

O concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González, sinalou que a transferencia da AP-9 a Galicia “é o primeiro paso para rematar cunha discriminación histórica”, polo que instan ao Congreso a facela efectiva. Por outra banda, mentres non se acada a competencia autonómica na autoestrada, a moción esixe a supresión da peaxe de Rande e a rebaixa no resto de tramos da AP-9 “de xeito inmediato”. González acusou aos socialistas de “incumprir” o seu acordo de investidura malia ter consignado xa nos orzamentos 54,9 millóns de euros para este fin.

Xoán Carlos González, voceiro do BNG

O concelleiro socialista, Alberto Álvarez, defendeu o labor do executivo de Sánchez “que será o que faga efectiva a supresión da peaxe”. Advertiu que o anterior goberno do PP con Mariano Rajoy á cabeza “fixo o anuncio pero non dispuxo de orzamento para levalo adiante”.

Alberto Álvarez, concelleiro do PSdeG-PSOE

Desde AER culparon aos sucesivos gobernos centrais de PP e PSOE de ter “blindado” a Audasa nos sucesivos contratos asinados coa empresa concesionaria da AP-9. O concelleiro Roberto Villar afirma que o tramo Redondela-Vigo seguirá a ter unha peaxe “na sombra”, xa que aínda que os usuarios non teñan que pagar o tramo, seguirán a facelo indirectamente a través das arcas públicas os próximos 27 anos.

Roberto Villar, voceiro de AER

A voceira popular Carmen Amoedo sinalaba que a situación que viven os veciños de Redondela é “un agravio”. Criticou a actitude tanto do executivo de Pedro Sánchez como do goberno local que está “desaparecido” neste tema, segundo Amoedo.

Carmen Amoedo, voceira do PP

Malia os cruces de acusacións entre uns partidos e outros, a moción presentada polo BNG foi aprobada por unanimidade. Xoán Carlos González aproveitou tamén para lembrar a manifestación convocada polos colectivos veciñais para mañá sábado. Salientou a importancia desta convocatoria, que os nacionalistas apoian, para “presionar” ao goberno central. Advertiu que atrasar a gratuidade do tramo Redondela-Vigo só está a beneficiar a Audasa.

González salienta a importanca da manifestación contra a peaxe convocada para mañá sábado polos veciños

Xosé Manuel Vila toma posesión como novo concelleiro de AER

Na sesión plenaria celebrada onte tomou posesión como concelleiro Xosé Manuel Vila Soutullo, que pasa a formar parte do goberno de coalición en substitución de Susana Couñago. Vila asumirá as áreas de Transparencia, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá. Onte prometeu o seu cargo e agradeceu a confianza depositada polos veciños en AER, así o traballo feito polos seus compañeiros de formación.

Xosé Manuel Vila, novo concelleiro de AER

Manuel Vila, veciño de Redondela de 31 anos, é licenciado en Ciencias do Mar e traballa nun departamento de Calidade Ambiental.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará