Hoxe é Venres 27 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG advirte que o cambio de datas da feira debe ser acordado polo pleno

dav

Imaxe da feira celebrada onte domingo, coa avda. Mendiño cortada ao tráfico

Dende o grupo municipal do BNG saen ao paso da decisión do goberno local de cambiar as datas de celebración das feiras en Redondela ata final de ano. Para poder pechar ao tráfico a avenida Mendiño, o Concello anunciou que traslada aos domingos as feiras que coincidan en día laborable.

O voceiro Xoán Carlos González lembra que “dende hai décadas as feiras realizábanse os días 6 e 21 de cada mes, convertéronse en datas sinaladas no calendario tanto para feirantes como para a veciñanza”. O concelleiro do BNG advirte que cambiar para os domingos as feiras ata decembro “constitúe unha modificación do Regulamento de Venda Ambulante”, polo que para modificalo a alcaldesa, Digna Rivas ,”está obrigada a levalo a Pleno”. González entende que “se debe contar coa opinión das forzas políticas e dos propios representantes dos vendedores ambulantes para tomar unha decisión deste tipo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará