Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Rodosa Chapela segue apertando a cabeza da táboa

BMChapelaEquipo

Primeira Nacional

Rodosa Chapela 38-28 Vitaldent Vecindario

A falta de tres xornadas para rematar a liga de Primeira Nacional o equipo de Chapela está a 1 punto do segundo clasificado, o Ampate Lanzarote. Os de Fran Teixeira cumpriron esta fin de semana e gañaron ao Vitaldent Vecindario nun partido que dominaron desde o comezo. Xa no descanso contaban cunha vantaxe de 6 goles, que foron ampliando ata o remate do encontro. Esta fin de semana o Rodosa desprázase ás illas para medirse a La Laguna. O obxectivo é seguir sumando e manter vivas as súas opcións á espera dun tropezo do Ampate Lanzarote.

SAR Plastic Omnium 30-33 Granitos Carballal

O equipo vigués levou os puntos da Bomboneira de Redondela nun encontro no que Pablo Muíños deu minutos a todos os seus xogadores. O partido comezou igualado, pero na metade da primeira parte o Carballal foi collendo vantaxe ata chegar ao descanso con 10-20 no marcador. Na segunda parte a SAR foi recortando distancias, chegou a poñerse a un só gol de diferencia, pero no tramo fina, os de Vigo fixéronse coa vitoria. A SAR chegaba a esta xornada co obxectivo da permanencia xa cumprido, e o propio Muíños advertía que nestas catro últimas xornadas daría minutos aos xogadores menos habituais ao tempo que se amosaba “moi satisfeito” coa temporada feita polo equipo.

Pablo Muíños, adestrador da SAR Plastic Omnium

Na próxima xornada repiten como locais cun derbi comarcal no que reciben ao Seis do Nadal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará