Hoxe é Venres 27 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla sobre os perigos da vespa velutina en Soutomaior

AVISPAS CRABRO Y ASIATICA O VELUTINA. 20110428. MIKEL FRAILE.

O Concello de Soutomaior organiza este venres, a partir das 19:30 horas no Multiúsos de Arcade, unha charla sobre os perigos da vespa velutina. Todos os interesados en asistir poderán acudir de forma gratuíta até cubrir o aforamento do auditorio, reducido polos protocolos antiCovid vixentes. A charla estará impartida polos biólogos investigadores na Universidade de Vigo, Francisco Barreiro e Aarón Lagoa.

A iniciativa ten como obxectivo concienciar á poboación sobre a necesidade de colaborar para deter o avance desta especie invasora. Ofreceranse consellos específicos aos veciños sobre colocación de trampas, e información sobre as épocas de especial precaución ou que facer se se descobre un niño deste insecto. Ademais, durante a charla ensinarase aos asistentes como construír as súas propias trampas caseiras sen produtos tóxicos e con materiais reciclados para empezar a realizar trampeos en canto sexa posible “porque en canto a temperatura chega aos 13º ou 14º graos de media as avispas recuperan o seu nivel de actividade”, explican os expertos. Do mesmo xeito, tamén se comentará a expansión desta especie nos últimos anos, tanto na comarca como a nivel galego, ademais de sinalar certas características propias desta especie que axudarán á súa correcta identificación, tanto do insecto como dos niños que os veciños poidan descubrir.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará