Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pracer de coñecer a enseada de San Simón a bordo dun kaiak

Alecrin568

Remar ata unha batea e comprobar toda a vida que acubillan as súas cordas, achegarse ao illote das Corveiras ou saudar de preto ao Capitán Nemo. Todo isto e moito máis e a experiencia que agarda aos que participen na actividade de kaiak educativo-ambiental que organiza a concellería de Medio Ambiente. As visitas guiadas, organizadas pola empresa Alecrín, queren poñer en valor este espazo natural da rede Natura 2000 e gozar dunha paisaxe e unha biodiversidade “única no mundo”. Ana Vázquez, responsable de Alecrín, explica que os participantes poderán coñecer este enclave “de xeito activo”, gozar da navegación en kaiak e achegarse aos valores que posúe o ecosistema da enseada. Realizarán paradas divulgativas na illa de San Simón, nunha batea, no illote das Corveiras e no monumento ao Capitán Nemo, entre outros puntos de interese.

Ana Vázquez, de Alecrín Actividades, fálanos da ruta en kaiak pola enseada

A actividade non require habilidades especiais, xa que o manexo do kayak “é moi sinxelo e seguro”, explica Vázquez, polo que pode participar público de todas as idades. A saída está especialmente recomendada para as familias, xa que nenos e adultos “poden compartir unha mañá de ocio e educación ambiental”

A actividade é sinxela e segura, apta para todas as idades, e moi recomendada para familias

Para esta fin de semana están organizadas dúas excursións, o sábado e o domingo días 15 e 16. A saída será ás 10.00 horas desde o peirao de Cesantes, con chegada ás 14.00 horas. O prezo da actividade é de 15 euros, e as prazas son limitadas. Reservas na Oficina de Turismo en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 15.00 a 17.00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará