Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O IES de Chapela corre “co vento de liberdade de Xela”

IES.Xela no IES de Chapela (2001)

Xela Arias, nunha imaxe de cando impartía aulas no IES Chapela

Mañá venres o IES de Chapela celebrará o seu tradicional Maratón das Letras Galegas. Unha carreira que este ano conmemora o seu 25 aniversario e que mantén intacta a finalidade coa que naceu en 1997: reivindicar e visibilizar a importancia do uso da lingua galega entre a comunidade educativa e na sociedade. Na tradicional carreira, que se realiza por Chapel, participa o alumnado, persoal non docente e profesorado. Comezará ás 11:30 e adaptarase ao protocolo COVID, con saídas escalonadas para evitar o contacto. Haberá xogos populares e adaptados, ilustración de poemas, palabras encartadas e expresión de emocións entre outras actividades paralelas para ambientar a xornada festiva.

A celebración servirá como unha especial homenaxe a Xela Arias, á quen este ano vai dedicado o Día das Letras Galegas, e que no curso 2000/01 foi profesora do IES de Chapela. Todas as corredoras e corredores vestirán unha camiseta cun dos seus versos “Independénciome para que eu saiba a onde quero estar atada”, do que hai dous anos alumnado do centro realizou un grafitti que pode contemplarse á entrada do instituto. Todas as corredoras e corredores portarán máscara “mais nin pandemias nin máscaras poderán frear a forza da nosa lingua e o vento de liberdade que nos transmitiu Xela”, sinalan desde o centro.

Grafitti cun verso de Xela Arias pintado polos alumnos do IES Chapela hai dous anos
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará