Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reclaman dúas prazas na escola unitaria de Cesantes para irmáns menores

UnitariaFamilias

Dúas familias, de Cesantes e Redondela, reclaman á Consellería de Educación que incremente en dúas prazas a matrícula na Escola Infantil San Pedro de Cesantes. Andrea Pazos e Corina Estévez son as nais de Julen e Gonzalo, respectivamente. Os pequenos cumprirán 3 anos a finais deste 2021, e as familias contaban con poder matriculalos para o próximo curso na escola unitaria de Cesantes, onde xa están escolarizados os seus irmáns maiores. Este centro oferta un total de 20 prazas para alumnos de Educación Infantil, de entre 3 e 6 anos. O próximo curso dispoñen dunha única praza libre para novas matrículas. A sorpresa de Andrea e Corina chegou cando se publicou o listado oficial de alumnos admitidos “e o único neno que entra ten cero puntos”. Xa presentaron unha reclamación ante o servizo de inspección da Consellería de Educación o pasado 28 de abril “e aínda non temos resposta” denuncian. As familias demandan que se incremente a ratio con dúas prazas máis para matricular aos nenos “que teñen a máxima puntuación por ter aos irmáns na mesma escola e ser veciños do municipio”. Esta demanda conta co apoio da ANPA do centro e tamén das mestras.

Corina e Andrea reclaman praza na EI San Pedro de Cesantes para os seus fillos menores

Mañá venres está previsto que se publique o listado definitivo de alumnos. No caso de que os seus fillos non estean incluídos seguirán dando a batalla. Descartan escolarizalos noutro centro diferente ao que van os seus irmáns maiores, Javi e Elena. Andrea, que está embarazada e nunhas semanas dará a luz ao seu terceiro fillo, sinala que a situación é “indignante”. Non entenden a negativa da Consellería a facer unha excepción e aumentar a ratio en dous alumnos “como se fai en moitos outros casos”, xa que contan co apoio de toda a comunidade educativa.

As familias rexeitan escolarizar aos nenos nun centro diferente ao dos seus irmáns maiores
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará