O grupo municipal do Partido Popular solicita á alcaldesa, Digna Rivas “que convoque canto antes unha reunión cos representantes da Policía Local para afrontar as necesidades do servizo”. A voceira popular, Carmen Amoedo, lembra que os propios axentes denunciaron a falta de medios e persoal “para poder axudar de maneira efectiva ás mulleres que sofren violencia de xéenero”. Amoedo advirte que é “urxente” cumpror o protocolo de Vioxén, programa contra a violencia de xénero no que participa Redondela. A Policía Local demandan “máis efectivos, recursos e formación actualizada”. Para cumprir cos protocolos e facer un seguimento integral dos casos de violencia machista precisan “reservados que garantan a súa privacidade e un teléfono operativo as 24 horas para atender ás vítimas”. O grupo do PP comprométese a secundar “calquera decisión que se adopte para facilitar o traballo da Policía Local”.
Falta de avogada no Centro de Información á Muller (CIM)
Amoedo insta tamén a Rivas a concluir canto antes o proceso de contratación dun avogado para o CIM de Redondela,”posto que está vacante desde o mes de novembro”, denuncia a voceira popular. Lembra que en xaneiro tan só unha das candidatas presentadas para o posto cumpría os requisitos “e nestes catro meses non se concluíu o procedemento e o CIM continúa sen avogado”.