O proxecto “Xela Arias e as palabras” elaborado polo colexio redondelán foi o gañador do concurso organizado pola Xunta de Galicia para conmemorar o Día das Letras Galegas. Son total de dez imaxes elaboradas polo alumnado de Infantil e Primaria con diferentes técnicas artísticas. “Todo o profesorado do centro se implicou moito no traballo e cada aula elaborou unha obra” explica Susana Crespo, coordinadora do Equipo de Normalización Lingüística co CEIP Porto Cabeiro. Os carteis reflicten a Xela nas súas facetas de poeta, tradutora, docente, activista e precursora, entre outras.
O traballo inclúe tamén unhas guías didácticas elaboradas polo profesorado do centro, con actividades para traballar en todos os niveis educativos e que inclúe actividades interactivas
No centro están “moi orgullosos” polo premio e a proxección que supón “para un colexio tan pequeno”. A coleccións de carteis que integran a mostra e a guía didáctica están accesibles desde o Portal da Lingua Galega, para a súa descarga libre e de balde. Ademais algúns dos son a imaxe das Letras Galegas deste ano 2021 en diferentes actos da Xunta, e tamén nas campañas dunha cadea de supermercados e nos trens de Renfe.
A exposición “Xela Arias e as palabras”, elaborada polo colexio redondelán, salienta “pola súa orixinalidade e creatividade, pola beleza estética e pola diversidade das técnicas empregadas para difundir a vida e a obra de Xela Arias”, destaca o xurado. Como premio, o CEIP Porto Cabeiro recibiu 2.000 euros en metálico. Susana Crespo explica que se vai investir en melloras para o centro, como a creación dun gran mural conmemorativo sobre Xela Arias.