Neste 17 de maio, día das Letras Galegas emitimos un programa moi especial. Despois de seis semanas repasando a diario a vida e obra de Xela Arias con persoeiros da cultura e das letras, hoxe contamos coa participación de alumnos e mestres de diferentes centros de ensino que poñen voz á poesía de Xela. Son o Club de Lectura do IES Illa de San Simón, o CEIP de Laredo, o CEIP de Cedeira, o CEIP Porto Cabeiro e o CEIP Josefa Alonso de Matamá (Vigo). Con este broche de ouro poñemos punto e final a esta programación especial organizada polas Bibliotecas Municipais de Redondela, coordinada e conducida pola dinamizadora cultural Ana Facchini.