Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela manda nas traiñeiriñas

ChapelaTerritorialT

Campionato Territorial Sur de traiñeiriñas

As embarcacións do C.R. Chapela fixéronse con dúas vitorias, nas categorías absoluta feminina e xuvenil masculina. O primeiro posto na categoría absoluta masculina foi para Samertolameu. As probas, disputadas en Meira, tiveron que suspenderse o sábado polo mal tempo, pero onte domingo puido celebrarse a xornada completa do Territorial Sur. Os catro primeiros de cada categoría obteñen praza para o Campionato de Galicia, que se celebra a próxima fin de semana en Rianxo.

Na categoría absoluta feminina Chapela foi moi superior, e acadou a primeira praza por diante de Robaleira e Tirán. Na proba de xuvenís masculinos repetiu triunfo o C.R.Chapela, e por detrás quedaron Bueu, que foi segundo, Amegrove en terceira posición e Samertolaméu cuarto. A traiñeiriña de Cesantes rematou na quinta posición. Nas series da categoría absoluta masculina proclamouse vencedor Samertolameu, por diante de Meira e Bueu, con Tirán na cuarta posición.

Resultados absolutos femininos: 1.- Chapela, 16.00:03; 2.- Robaleira, 16.17:03; 3.- Tirán, 16.17:38.

Resultados xuvenís masculinos: 1.- Chapela, 15.04:51; 2.- Bueu, 15.21:97; 3.- Amegrove, 15.32:73; 4.- Samertolaméu, 15.41:92; 5.- Cesantes, 16.01:68.

Resultados absolutos masculinos: 1.- Samertolaméu, 13.48:94; 2.- Meira, 13.51:15; 3.- Bueu, 13.56:11; 4.- Tirán, 13.57:87; 5.- Mecos, 13.59:09; 6.- Cesantes, 14.14:04; 7.- Vilaxoán, 14.36:92; 8.- San Martiño, 15.12:57; 9.- Virxe Guía, 15.16:53; 10.- Amegrove, 15.28:41; 11.- Chapela, 15.49:44; 12.- Coruxo, 15.56:29.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará