Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A segunda fase do parque de San Estevo realizarase con cargo ao remanente

sdr

As obras, cun orzamento de 150.000 euros, estarán licitadas nunhas semanas

O Concello de Redondela investirá en total máis de 700.000 euros do remanente de tesourería en melloras de camiños en varias parroquias, obras de saneamento e a rehabilitación do pavillón municipal da “Bomboneira”.

O pleno da corporación aprobou, cos votos a favor dos grupos do goberno (PSOE e AER) o investimento do remanente do ano pasado para mellora de viarios públicos, saneamento, instalacións deportivas e parques públicos. En total 717.000 euros para obras que se realizarán na maior parte nas parroquias. Na mellora de infraestruturas viarias investiranse 443.700 euros en camiños como o do Subido (Chapela), o do Piñeiro (Santo Estevo) ou a estrada de Santo Paio de Arriba (Reboreda).

Doutra banda destinaranse 56.600 euros para as obras de saneamento do camiño da Landra en Redondela. O grupo municipal votou en contra da porposta e pediu “altura de miras” ao goberno local. O voceiro Xoán Carlos González advertiu que, malia ser obras necesarias moitas das propostas “deberían financiarse con cargo ao orzamento municipal, e deixar os cartos do remanente para obras maiores como a ampliación da rede de saneamento”.

Xoán Carlos González, voceiro do BNG

O voceiro de AER, Roberto Villar, explicou que as actuacións para as que utiliza o remanente deben estar rematadas antes do 31 de decembro “polo que os técnicos municipais recomendaron facer obras pequenas que poidan executarse dentro do prazo”.

Roberto Villar, voceiro de AER

A maior partida será para a realización da segunda fase do parque de San Estevo, con 150.000 euros. Deste xeito o Concello dálle continuidade ás obras da primeira fase coa dotación de mobiliario urbano e outros elementos de xogo. O grupo popular abstívose na votación. A voceira Carmen Amoedo lamentou que o goberno local “non teña en conta ao grupo maioritario do PP para facer propostas nas que gastar o remanente”. En canto ao proxecto para a obra do parque de San Estevo de Negros, Amoedo sinalou que “faltan elementos” con respecto ao proxecto orixinal do anterior goberno do PP.

Carmen Amoedo, voceira do PP

A voceira socialista María Castro rexeitou as críticas do PP. Advertiu que ao parque de San Estevo “non lle falta nada do proxecto anterior, porque non había tal proxecto”. Criticou que o anterior goberno de Javier Bas se limitara a facer “un cartel cun debuxo” antes da campaña electoral. Explicou que a segunda fase do parque foi consensuada cos veciños, e incluirá espazos para nenos, mozos e adultos. Os traballos serán licitados en poucas semanas.

María Castro, voceira do PSOE

En canto a infraestruturas deportivas, o Concello fará un investimento de 66.500 euros na rehabilitación do Pavillón Municipal de Redondela, onde se cambiará o pavimento para instalar un novo parqué.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará