Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A policía desaloxa un bar en Rande por superar o aforo

PoliciaLocalRande

Axentes da Policía Local e da Nacional desaloxaron un establecemento de hostalaría na madrugada do domingo por incumprir as medidas sanitarias. Segundo informa a Policía Local o establecemento superaba o aforo permitido, cun total de 54 clientes no exterior, tendo autorizado un máximo de 45 persoas. Tampouco se respetaban as medidas de seguridade, xa que os clientes estaban “sen gardar distancia, nin había control do rexistro, nin medidor de CO2 como establece a norma sanitaria”. Os axentes tamén denunciaron un segundo establecemento no que os clientes se atopaban consumindo “a porta pechada”. A policía tamén propuxo sancións para 3 persoas por atoparse nun domicilio sen ser conviventes durante a horas de prohibición, entre as 01.00 e as 06.00 da madrugada. Outro un varón foi denunciado polos axentes “por falta e respecto e consideración e por non facer uso da máscara”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará