Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sementeira no Camiño: O cinema e a poesía chegan a Redondela e Cesantes

Sementeira

I Sementeira no Camiño, programa que se enmarca dentro das celebracións do Xacobeo, percorrerá Redondela e outras vilas do Camiño Portugués con filmes e poesía. As actividades desenvolveranse en Redondela e Cesantes, ademais de Tui, Pontecesures e Iria Flavia. Hoxe xoves, ás 20.00 horas, no Multiusos da Xunqueira poderase ver Footprints, de Juan Manuel Cotelo, que relata a historia de once mozos do deserto de Arizona que viaxan ata España para facer o Camiño de Santiago. Unha vez rematada a obra, o público poderá gozar coa poesía de Carolina Sertal, poeta redondelá que publicou en 2019 o seu primeiro poemario, Anguria, e que acaba de gañar o segundo premio de poesía nos IV Premios Xuventude da Deputación de Pontevedra grazas ao seu poema Estatuas de Sal.

The Way e Xulia María en Cesantes

A programación continuará o sábado, día 12, en Cesantes. O Centro Cultural Deportivo de Cesante acollerá a proxección do filme The Way (O camiño), e despois será a poeta, escritora e cantante Xulia María a que ofreza o recital.

En definitiva, Sementeira no Camiño é outra forma de coñecer o Camiño de Santiago. Neste sentido, a arte percorrerá durante cinco etapas o Camiño de Santiago, achegando a súa maxia a habitantes e peregrinos para que coñezan a poetas galegas, así coma filmes nos que o camiño é o protagonista.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará