Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Comisión de Interior do Congreso rexeita a Comisaría de Distrito en Redondela

JavierBas

O deputado do PP Javier Bas defendeu unha Proposición non de Lei relativa á creación da Comisaría de Distrito de Redondela dentro da Comisaría de Vigo-Redondela, que foi rexeitada cos votos de PSOE e Podemos.

O deputado e ex alcalde de Redondela, Bas Corujeira, reclamou a creación dunha comisaría de distrito en Redondela “mesmo cun ámbito de actuación máis amplo que o do propio municipio, con medios humanos e materiais para trámites como expedir o DNI e o Pasaporte, ter un grupo de atención ao cidadán, un grupo operativo de policía xudicial, unha oficina de denuncia e atención ao

cidadán, e unha unidade de atención á familia e contra a violencia de xénero”. Bas denuncia a “incoherencia” de PSOE e Podemos, que no Concello de Redondela votaran a favor dunha moción “co mesmo contido que esta iniciativa que agora rexeitan no Congreso”. O deputado advirte que os últimos cambios que afectaron á Policía Nacional de Redondela fixeron o labor policial “moito máis difícil e máis afastada do cidadán”, e lamenta que dos 46 policías que estaban destinados de forma estable “agora quedan seis”. O grupo popular considera necesaria a Comisaría de Distrito en Redondela “pola súa natureza rural e a dispersión da poboación, o que require do coñecemento do territorio para garantir a seguridade cidadá cun rápido tempo de resposta”.

Desde a dirección xeral da Policía explican que logo da reorganización da área policial Vigo-Redondela puxéronse en marcha varios plans operativos “cun aumento de medios que permitiron mellorar as xa excepcionalmente baixas cifras de delincuencia en Redondela”. Sinalan que ademais das entradas e saídas da cidade “ intensificouse a presenza en zonas industriais, residenciais e áreas rurais”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará