Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“A Praza”, nova marca do mercado de Redondela

PRAZAimaxe

Enrique Lago, presidente da Asociación de Empresarios, e Daniel Pérez, presidente da Asociación Alvedosa

O mercado municipal de Redondela estrea nova imaxe corporativa coa denominación “A Praza”. Os vendedores queren poñer o acento en que se trata dun espazo de proximidade, con produto fresco. A proposta do nome xurdiu dos propios praceiros, xa que esa é a denominación tradicional do mercado de abastos. A iniciativa xorde da colaboración entre a Asociación de Empresarios de Redondela e a asociación de praceiros Alvedosa. A nova marca está acompañada tamén indumentaria para os vendedores que se unifica en todo o mercado, de cor azul para a zona de peixes, e verde para a zona da froita. Os postos de venda de carne, o servizo de cafetería e outras actividades complementarias contan tamén coa súa propia indumentaria. Superados os momentos máis duros da pandemia, ao longo deste ano agardan poder poñer en marcha outras actividades para dinamizar as vendas dos produtos frescos nos mercados de Redondela e Chapela. “A posta en valor deste comercio tradicional de produto fresco e a súa importancia para manter unha dieta saudable, serán os principios que guiarán as novas accións de dinamización previstas”, explica Enrique Lago, presidente da Asociación de Empresarios. A iniciativa foi cofinanciada pola Dirección Xeral de Comercio, e Lago confía en seguir contando co apoio económico da Xunta de Galicia “para novas actuacións nas que están a traballar para este ano”. O presidente da Asociación de Emrpesarios destaca a importancia da praza de abastos “como motor e dinamizador comercial en Redondela”, e sinala que son moitos os proxectos emprendedores que buscaron neste último ano ter un encaixe neste espazo comercial sen que ata o de agora puideran ocuparse novos espazos, a pesares de existir postos baleiros”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará