Máis de seis horas estiveron onte sen subministro eléctrico vivendas e negocios de Rande, Trasmañó e a zona de Igrexa, en Chapela. A avaría produciuse pola caída dunha árbore sobre o tendido eléctrico na zona de Cedeira. O corte de luz produciuse pasadas as 14.30 horas, e a reparación da avaría prolongouse durante toda a tarde. O subministro quedou restablecido preto das 21.00.