Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sesé Mateo, un corazón que segue a latexar no IES Chapela

MuralSese

Equipos de Igualdade e Dinamización xunto as autoras do mural e os fillos de Sesé, Joshua e Igor

O instituto celebrou esta mañá un emotivo acto para inaugurar o mural de homenaxe a Sesé Mateo “co que seu recordo pétreo estará sempre latindo forte no IES de Chapela”. Esta pintura, realizada por alumnas do centro, representa un corazón cos versos da propia Sesé, veciña da parroquia e vítima da violencia machista. No instituto lembran que Sesé estivo vinculada ao centro como nai “e como colaboradora permanente en actividades de compromiso social, na loita pola xustiza social, no movemento feminista, etc.”. Descríbena como unha muller “íntegra, brava, que apoiou sempre ás demais mulleres, independente, sabia e fermosa. Un ser magnífico”. No acto, organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, participaron os seus fillos Joshua e Igor, e léronse versos do seu poemario “No camiño do vento”.

O deseño do mural é autoría da alumna de 3º da ESO Uxía Valdés Balsa e realizado en colaboración coas súas compañeiras Lidia Bastos González, Andrea García García e Tania Rodríguez Barrio. O mural de Sesé Mateo “xa forma parte do mapa de referentes galegas que dan a benvida cando entras no instituto de Chapela”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará