Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela estrea certame de deportes urbanos: O Choquiño Urban Jam

dav

Os afeccionados de deportes como o Skate, scooter ou bmx están de parabéns, porque nace en Redondela O Choquiño Urban Jam. O evento celebrarase o 3 de xullo con competicións de diferentes modalidades, pero tamén con actividades paralelas como clases de monopatín, exhibicións de baile urbano e concertos. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada polo concelleiro de Deportes, Nacho González, e os mozos dos que xurdiu a iniciativa, presentaron a cita no SkatePark da Marisma. Marcos Fermoselle e Manu Pazos explicaron que a idea comezou case “como unha broma”, pero ao contar co apoio do Concello “foi medrando” ata chegar a un certame que espera reunir a uns 200 participantes.

Marcos Fermoselle e Manu Pazos son dous dos promotores da idea

A cita está a ter moi boa acollida entre a mocidade, e en tan só 48 case se cubriron todas as prazas dispoñibles. A primeira edición do Choquiño contará con competición de Skate, BMX e Scooter, e tamén outras actividades paralelas como un torneo de baloncesto 3×3, clases de Skate para todos os públicos, unha exhibición de baile urbano e un concerto de rap a cargo do grupo local “Llamas e Emmelez”.

Rivas asegurou que a intención é que este certame teña continuidade nos vindeiros anos e siga medrando. Esta primeira edición conta aínda con moitas limitacións “ao estar saíndo dunha pandemia”, sinala Rivas, quen confía en que nas próximas edicións O Choquiño será un referente dos deportes urbanos “na comarca e no resto da provincia”.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

O Choquiño Urban Jam conta coa colaboración de Store Fuika Mar, Su Suela, Cromoly e Rodavigo.

dav
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará