Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Certificado de padrón sen saír da casa

SedeElectronica

O Concello de Redondela vén de incorporar aos seus servizos telemáticos a obtención do volante de empadroamento. Con este novo trámite na súa sede electrónica, Redondela segue a apostar “pola modernización e dixitalización dos trámites administrativos e cidadáns”. Para obter o padrón deste xeito tan só hai que dispoñer dun sistema de autentificación dixital. Os admitidos na web do Concello de Redondela son o certificado dixital, DNI electrónico, sistema concertado de Cl@ve ou sistema eID da Unión Europea. Unha vez dado de alta nun destes sistemas, o cidadán só ten que dirixirse á páxina web de información xeral do Concello de Redondela, e picar na sección “Acceso sede electrónica”. Dentro desta páxina, entrar en “Servizos electrónicos” e na opción padrón. Unha vez xestionado, só quedará engadir o correo electrónico do solicitante para que lle chegue o seu volante pulsando na opción “solicitar”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará