Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Visita nocturna ao río Maceiras

Paseo nocturno Río Maceiras1

A concellería de Medio Ambiente ofrece un paseo para “observar, sentir e palpar” a flora e fauna fluvial en horas nocturnas. Desde o Concello animan á veciñanza a coller unha lanterna e participar nesta experiencia coa natureza para descubrir “os sons e reflexos que fai o río Maceiras despois da posta de sol”. A visita é este venres, 2 de xullo, ás 21.30 horas, e estará dinamizada por Faia Educación Medio Ambiental. A actividade é de balde pero con prazas limitadas, polo que é preciso inscribirse no enderezo electrónico turismo@redondela.gal ou no teléfono 986 40 17 13.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará