Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela pon en marcha a Oficina Virtual Tributaria 3.0

Tramites

A cidadanía de Redondela xa dispón dunha nova ferramenta dixital pata xestionar os seus tributos desde calquera dispositivo con conexión a internet. O Concello puxo a disposición dos contribuíntes a Oficina Virtual Tributaria 3.0, para acceder á xestión de tributos “a calquera hora e dende calquera lugar”. A concelleira de Facenda, María Castor, explica que o obxectivo é “facilitar e axilizar a a tramitación dos tributos e achegar a administración á cidadanía”. O contribuínte pode acceder directamente desde a páxina redondela.tributoslocales.es ou desde a web do Concello. No novo portal dixital poderán realizar pagos, consultas ou solicitudes, e co seu certificado electrónico acceder a notificacións, solicitar fraccionamentos ou domiciliar recibos, entre outras xestións. A nova Oficina Virtual Tributaria, dependente da empresa adxudicataria Gestión Tributaria Territorial, conta cun deseño “creado e pensado para o contribuínte”, cunha imaxe e estrutura “máis manexable e accesible”. O deseño adáptase tamén aos dispositivos móbiles para unha visión completa.

Prazos de pagamento do IBI

O período de voluntario de pagamento do IBI (Imposto de Bens Inmobles) Urbana e Rústica 2021 comezará o vindeiro 16 de xullo e rematará o 15 de outubro. O vindeiro 2 de xullo remata o prazo para a domiciliación dos recibos para aquelas persoas que estean interesadas en facelo. Estes recibos domiciliados serán cargados o día 1 de setembro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará