Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG recolle sinaturas contra a nova tarifa eléctrica

TarifaElectrica

A organización nacionalista vai desenvolver unha campaña informativa en Redondela a nova tarifa eléctrica, o que supón para as economías familiares e tamén para moitas pequenas e medianas empresas. A campaña vaise desenvolver mañá sábado, 3 de xullo, en Chapela. A cita é ao mediodía a carón da Alameda Rosalía de Castro. O domingo, día 4, trasladan a campaña a Redondela desde as 11.00 ata as 13.00 horas, a carón do Concello. O BNG fará unha recollida de sinaturas en contra da nova tarifa aprobada polo goberno central “que aos únicos que beneficia é ás grandes corporacións eléctricas”. O Bloque aposta por unha tarifa eléctrica galega “que abarate o consumo das clases traballadoras e permita o desenvolvemento de pequenas e medianas empresas”. Desde o BNG redondelán contrapoñen esta campaña, que tamén se está a levar a cabo noutros municipios galegos, coa desenvolvida dende o goberno municipal de Redondela. Denuncia que se trata de charlas informativas para explicar a nova tarifa “o que demostra que se dá por boa esta suba”, argumentan. Por iso emprazan ao goberno de Digna Rivas “a poñerse a carón da veciñanza e retirar estas charlas organizadas dende o Concello”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará