Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Xuventude á auga”, a proposta de verán de Redondela para nenos e mozos

alquiler_padle_8

As actividades de verán do Concello de Redondela presentan este ano unha interesante novidade, o programa “Xuventude á auga”, dirixido a nenos e mozos de entre 8 e 18 anos. Organizado polas concellerías de Deportes e Xuventude, esta proposta ten como obxectivo que a mocidade tome contacto cos deportes acuáticos. A concelleira de Xuventude, Olga García, sinala que deste xeito ofrecen unha alternativa de ocio saudable tamén para os maiores de 13 anos, que ata o de agora “non tiñan ningunha oferta específica para eles”. Atendendo ás demandas da propia mocidade organizouse esta actividade na que os participantes poderán practicar paddlesurf, voley praia, slackline e outras disciplinas. Deste xeito poderán saír da rutina, apunta García “aproveitando o entorno privilexiado da enseada de San Simón”.

Olga García, concelleira de Xuventude

As actividades son de balde e faranse na praia de Cesantes. Haberá dúas quendas con 40 participantes cada unha delas. A primeira abrangue do 19 de xullo ao 30 de xullo, e a segunda do 2 ao 13 de agosto. En ámbalas dúas quendas o horario será o mesmo: de 9 a 14 horas. Dentro das actividades estableceranse grupos por idades de 10 rapaces por monitor.

Dentro das actividades estableceranse grupos por idades

O prazo de solicitude será do 5 ao 12 de xullo e as prazas cubriranse por orde de inscrición. Os interesados poden anotarse de xeito presencial no Rexistro Xeral do Concello de Redondela e nos baixos do pavillón de Chapela, ou no portal dixital do Concello www.redondela.gal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará