Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A construción do novo Centro de Saúde de Soutomaior comezará o próximo ano

centro saúde xunta plan especial

A Xunta de Galicia xa deu luz verde ao informe ambiental estratéxico. O documento é necesario para que o Concello poida continuar co Plan Especial de Equipamentos e Dotacións, xa que a parcela escollida para a construción do ambulatorio está cualificada como rústica.

O Concello de Soutomaior acaba de recibir o informe positivo da Xunta de Galicia sobre os posibles efectos ambientais derivados da construción do novo Centro de Saúde. Un trámite necesario para que o Concello poida regular a implantación do novo ambulatorio na parcela escollida, cualificada como rústica, e pola a disposición do SERGAS para que inicie a construción do novo centro de saúde. Unha vez recibido o informe positivo, o consistorio xa pode comezar coa redacción do plan especial de infraestruturas que, unha vez finalizado e aprobado polo pleno municipal, deberá remitirá á Xunta de Galicia para recibir os pertinentes informes sectoriais e a aprobación urbanística da Consellería de Medio Ambiente e Territorio. Unha vez finalizados todos estes trámites, o goberno local poderá aprobar o plan no pleno da corporación municipal e dar paso á expropiación da parcela de 8.000 metros cadrados que albergará o novo ambulatorio. O alcalde, Agutín Reguera, explica que “son moitos os trámites, informes e permisos necesarios, polo que sumando todos os prazos aínda faltan algúns meses para que poida comezar a construción do novo centro de saúde, pero estamos a traballar para reducilos todo o posible”. O rexedor móstrase confiado en que o inicio das obras será “sen ningunha dúbida en 2022”.

O novo centro de saúde contará cunha superficie construída de 1500 metros cadrados e máis de 6000 metros dedicados a zonas de aparcadoiro e servizos, nunha zona próxima ano novo instituto. Substituirá ao actual ambulatorio de Arcade e ao consultorio de Soutomaior, e terá capacidade suficiente para acoller a novos médicos “que alivien a situación da atención sanitaria no municipio”, segundo explican desde o Concello.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará