Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O fútbol sala redondelán brilla na Vigo Cup

VigoCup

Casa Paco e Campito proclamáronse campións nas categorías sub-6 e sub-14, respectivamente. O resto de categorías en xogo foron para o Cios Vigo.

Sub-6

O Grupo Casa Paco 81 impúxose na final ao Rápido de Bouzas (7-1) na categoría “minis”, na que suma un título máis aos acadados xa nos anos 2017 e 2018. O club de Redondela foi tamén finalista na categoría sub-8.

Sub-14

Na categoría infantil o campionato foi para o Campito de Chapela, que venceu na final ao Vigo 2015 (7-1). Foron tamén campións de consolación en categoría sub-16.

Na presente edición da Vigo Cup de fútbol sala participaron 35 equipos, de 14 clubs diferentes. A partir de agora comeza o torneo en fútbol 7 e fútbol 11, cun total de 150 equipos de 26 entidades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará