Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela duplica os casos de Covid e entra en risco alto

sdr

A relaxación das restricións nesta fase de desescalada deixa no conxunto de Galicia un incremento de casos. Pontevedra é a cidade con maior incidencia, pero noutros municipios como Redondela o incremento de casos é tamén moi preocupante. Na pasada semana, do 27 de xuño ao 4 de xullo, os novos casos activos case se duplicaron, pasando de 25 a 49. Segundo os datos do Sergas a incidencia acumulada en Redondela sitúase neste momento en 168 novos contaxios por cada 100.000 habitantes, o que supón entrar no nivel alto de risco de contaxio, segundo o semáforo do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde. Isto implicaría o peche de todo o lecer nocturno e a prohibición de celebrar verbenas e eventos populares. A decisión terá que tomala hoxe o comité clínico na súa reunión semanal dos martes.

Vigo é outro dos municipios da área onde máis está a subir a incidencia acumulada e dispárase 38 puntos nunha semana para situarse en 89. Con todo, os datos de incidencia a 14 días están aínda lonxe do limiar de 150 que implicaría o peche do lecer nocturno

No conxunto de Galicia os casos activos aumentan ata os 2.466, cunha suba do 38,9 % nunha semana. As infeccións activas por coronavirus seguen á alza en todas as áreas sanitarias menos en Ourense. Especial preocupación deixan as cifras de Pontevedra, onde soben en 55 casos activos máis nas últimas 24 horas. A presión asistencial sofre un incremento e hai 11 persoas na unidade de críticos (+1). As xerencias de Ourense e de Vigo teñen libres as camas de UCI nos seus hospitais. Hai 50 persoas ingresadas en planta, nove máis das que había na xornada previa.

A policía dispersa un “botellón” en Cesantes

O número de casos dispárase en certas zonas e en certos tramos de idade. Unha situación que preocupa aos expertos, que poñen a ollada nos “botellóns” e festas como principais focos de contaxio. Non se desbotan propoñer que a partir de certa hora, se pechen aquelas zonas onde se producen esas xuntanzas nas que non se respectan as medidas sanitarias. Precisamente en Redondela axentes da Policía Local e Policía Nacional tiveron que dispersar un “botellón” cuns 200 participantes no peirao de Cesantes. Produciuse na noite do sábado ao domingo. Dáse a circunstancia de que na xornada do sábado celebrouse o Choquiño Urban Jam, con gran número de participantes e público. Desde a organización confirman que durante o evento se respectaron todos os protocolos sanitarios, co uso de máscara e distancia de seguridade. Pero unha vez rematado o festival moitos dos asistentes desprazáronse á zona do peirao, onde se celebrou un “botellón” que precisou da intervención policial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará