Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos de Borbén abre as piscinas municipais

Piscina Nespereira

A veciñanza poderá gozar este verán das piscinas municipais de Nespereira e Moscoso. Tras o peche do ano pasado pola pandemia, o Concello de Pazos de Borbén abriu de novo ao público as súas dúas piscinas municipais. O horario será de 16:00 a 21:00 horas todos os días da semana e para acceder é obrigatorio seguir as indicacións sanitarias do persoal. A principal novidade deste ano é o protocolo sanitario derivado da pandemia. O aforamento de cada piscina verase reducido, non se poderán utilizar os vestiarios e será necesario o uso da máscara sempre que non se poida manter a distancia de seguridade co resto de usuarios. Os protocolos de seguridade poderán cambiar en función da situación sanitaria do municipio. O prezo de acceso para os bañistas segue sendo de 1 euro para a entrada xeral, un pase válido para un día completo que pode adquirirse na entrada do recinto. Os que queren gozar de calquera das dúas piscinas habitualmente poden adquirir o bono individual por 15 euros, ou o bono familiar por 30 euros e que permite o acceso de toda a unidade familiar. Ambos os bonos son válidos até o final de tempada, cuxa data que dependerá das condicións meteorolóxicas. Os abonos serán válidos e intercambiables entre os recintos de Nespereira e Moscoso, e expediranse de maneira persoal. Haberá que acompañar os bonos dalgún documento de identificación oficial para acceder ao recinto. Os interesados en recibir máis información ou solicitar os abonos deben dirixirse ás oficinas municipais da Casa do Concello, ou no teléfono 986 498 934. O custo dos abonos debe facerse efectivo no momento da solicitude.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará