Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ruta nocturna en Trasmañó e paseos costeiros por Cesantes

rutas

Lendas ao solpor da ría en San Vicente de Trasmañó

Paseo nocturno entre muíños e regatos para coñecer recunchos naturais das parroquias de Redondela. Os participantes poderán percorrer os sendeiros do Monte Penide e gozar das vistas do miradoiro da Poza da Lagoa en compañía dun guía local que contará algunha lenda deses lugares naturais. Para a realización da actividade é preciso levar unha lanterna e calzado cómodo. A saída é o sábado, 17 de xullo, ás 21:30 horas con regreso previsto 00:00 horas. O punto de encontro será no campo de fútbol de San Vicente de Trasmañó.

Camiñando polos recunchos costeiros da Enseada de San Simón

Rutas medio ambientais dende as dunas de Cesantes ao litoral de Soutoxuste para coñecer a biodiversidade que agocha a Rede Natura 2000. Unha actividade dinamizada por Faia Educación Ambiental na que o camiñante poderá coñecer e gozar dos paisaxes e a biodiversidade natural dun espazo único no mundo. Para realizar a actividade recoméndase levar calzado cómodo, unha toalla e sandalias para aquelas persoas que queiran camiñar polas augas da enseada. Haberá saídas o domingo, 18 de xullo, e os días 31 de xullo e 1 de agosto. O punto de encontro será na caseta de Protección Civil da praia de Cesantes, con saída ás 10:15 horas e chegada prevista ás 13:15.

Estas actividades son gratuítas, organizadas pola Concellería de Medio Ambiente. Poden informarse no enderezo turismo@redondela.gal ou no teléfono 986 40 17 13.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará