Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un accidente en cadea na N550 deixa catro feridos

AccidenteCadea

Na mañá de onte rexistrouse un accidente na estrada nacional 550, ao seu paso por Cesantes. Foi unha colisión por alcance, á altura da zona coñecida como A Pantalla, na que se viron implicados

catro vehículos. Como resultado do sinistro resultaron feridas catro persoas, dúas das cales foron trasladadas a un centro hospitalaria, malia que o seu estado non reviste gravidade. Ao lugar acudiron os servizos de Urxencias Sanitarias, a Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil de Redondela.

Concentración de accidentes

Este tramo da estrada nacional de Cesantes, na zona próxima ao casco urbano de Redondela, ten sido escenario de varios accidentes nas últimas semanas. O máis grave o rexistrado o pasado 26 de xuño, no que faleceu un motorista e varias persoas resultaron feridas. Veciños da zona reclaman máis seguridade nesta estrada, moi transitada pola proximidade ao centro de Redondela, zona de colexios e pavillóns da Marisma, e o campo de fútbol municipal. Advirten que este tramo soporta un elevado volume de tráfico, con camións de grande tonelaxe e que circulan a moita velocidade. Residentes da zona apuntan que a instalación de bandas sonoras ou un radar poderían ser solucións eficaces “para baixar a velocidade do tráfico na entrada no pobo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará