Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER dá por rotas as relacións co PSOE

AERpleno

Nun comunicado feito público na tarde de onte, a Agrupación de Electores de Redondela explica que dá por rotas as relacións co PSdeG-PSOE e anuncia que decidirá o seu futuro papel no Concello de Redondela nunha próxima asemblea. A Agrupación xustifica esta decisión polo “deterioro” nas relacións co grupo socialista, ao que acusa de “dicirlle en privado que decidirá este venres a devolución de competencia a AER, mentres en público xa anunciou na prensa que non o van facer”. Por iso AER advirte que o goberno bipartito “está máis comprometido hoxe que o estaba o pasado venres”, cando a alcaldesa, Digna Rivas, retirou ao concelleiro Roberto Villar (AER) as competencias da limpeza de praias, que agora corresponden a Ignacio González (PSOE). Para AER esta decisión supón “unha ruptura unilateral do pacto de goberno”. Para manter o goberno de coalición a Agrupación puxo como condición a dimisión de Digna Rivas, que tanto a alcaldesa como o partido socialista rexeitan.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará