A concellería de Vías e Obras comezou os traballos de acondicionamento dos camiños do Galleiro e a Pelourenza, na parroquia do Viso. As obras, que contan cun investimento de 23.400 euros, permitirán a mellora do firme en dous camiños que actualmente contan cunha capa de rodadura moi deteriorada. Os traballos inclúen tamén a xestión das augas pluviais, formaranse cunetas e o entubado coas correspondentes arquetas de rexistros.
Trátase de dúas vías moi utilizadas pola veciñanza e que contan cunha superficie de rodadura en aglomerado e formigón moi deteriorada. Estenderase unha nova capa de rodadura de 6 centímetros de espesor, o que mellorará a seguridade e mobilidade tanto para vehículos como para os peóns.