A Alameda Castelao acolle esta sábado o concerto do trío de jazz Circus, grupo integrado polo painista redondelán Alberto Vilas, José Manuel Díaz ao contrabaixo e Noli Torres na batería. Pero non son un trío de jazz “ao uso” interpretanto clásicos da corrente dos EEUU. O seu repertorio recolle tanto temas orixinais como arranxos propios de cancións latinoamericanas “que están na memoria colectiva de todos”, explica Vilas. Silvio Rodríguez, Violeta Parra ou Pablo Milanés son algúns dos seus referentes.
O nome do grupo “Circus” procede tamén desa memoria colectiva, a do circo, que forma parte da infancia destes músicos. Alberto Vilas lembra como unha anécdota “ver elefantes paseando polas rúas de Redondela”, e tamén toda a maxia e misterio que lle transmitía o espectáculo circense.
O concerto será mañá sábado, ás 22.00 horas na Alameda Castelao con aforo limitado. O concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, lembra que é obrigatorio o uso de máscara e que o público debe estar sentado nas cadeiras mantendo a distancia de seguridade.
Airiños do mar de Teis
O grupo vigués actuará o domingo na Alameda Castelao, ás 21.30 horas, tamén con prazas limitadas e protocolo Covid.