Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O novo comisario anuncia máis presenza policial nas rúas de Redondela

Comisario

Na súa toma de posesión como novo comisario xefe da Comisaría Vigo-Redondela, Juan José Díaz Jiménez referiuse en concreto ao municipio redondelán, onde se investigarán puntos de venda de droga e se incrementarán as charlas nos centros de ensino.

Onte tomaba posesión do seu cargo o novo comisario xefe da Comisaría da Policía Nacional de Vigo-Redondela, Juan José Díaz, quen afirmou que asume o cargo “con ilusión” e avanzou un “traballo moderno” cun equipo “novo, ilusionado e moi preparado”. No seu discurso puxo o acento en que esta comisaría é unha das máis importantes de Galicia “tanto en poboación como en actividade policial”. Explicou que o seu equipo desenvolverá un proxecto de traballo “moderno, aliñado co Plan Estratéxico da Dirección Xeral da Policía, e cun equipo humano novo, ilusionado e moi preparado para mellorar o servizo ao cidadán”. Díaz Jiménez destacou que os seus obxectivos son “o incremento da presenza policial uniformada, a loita contra a ciberdelincuencia, a violencia de xénero, a protección dos colectivos vulnerables e a investigación da delincuencia organizada “.

Máis presenza policial en Redondela, loita contra o tráfico de drogas e charlas nos colexios

O novo comisario referiuse en concreto a Redondela, que para el “é unha parte moi importante desta demarcación policial”. Anunciou que “manterán e incrementarán na medida do posible a presenza policial uniformada”, tanto cos indicativos do Grupo de Atención ao Cidadán como co Grupo Operativo de Resposta, Unidade de Intervención Policial e Unidade de Prevención e Reacción.

Sinalou que por parte do Grupo de Estupefacientes investigaranse e desarticularanse puntos de venda de droga nesta localidade. Por outra banda o Grupo de Participación Cidadá incrementará as charlas nos centros de ensino dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas. Avanzou tamén que se irá reunindo cos sindicatos, o tecido empresarial, comerciantes, colectivos veciñais e asociacións “para coñecer as súas inquedanzas e recibir as súas achegas”.

Asistiron ao acto, entre outras autoridades civís e militares, o xefe superior de Policía de Galicia, a comisaria provincial, o alcalde de Vigo e a alcaldesa de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará