Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Luz verde da Xunta para rehabilitar o edificio do antigo conservatorio

antigo conservatorio

O Concello de Redondela inicia os trámites para a licitación da obra de remodelación e rehabilitación das antigas dependencias do Conservatorio de Música unha vez recibida a correspondente autorización da Xunta de Galicia. Un trámite necesario ao tratarse dun inmoble enclavado no Camiño de Santiago.

Este primeiro paso de licitación do proxecto, marca o inicio dunhas obras que contarán cun investimento de preto dos 300.000 euros ao abeiro das liñas establecidas para a rehabilitación e mellora do Patrimonio Histórico e Cultural e a creación de novos eventos culturais. A concelleira de Urbanismo, María Castro, subliña o feito de que a recuperación deste inmoble “non é unha obra illada, senón que forma parte dun amplo plan de rehabilitación e posta en valor do patrimonio histórico do municipio.

A actuación consiste en remodelar o edifico para que poida acoller no primeiro andar as Oficinas de Turismo que, como todas as obras que desenvolve o Goberno local, estará adaptada a todas as normas de accesibilidade. A planta baixa recuperaríase para a función de espazo de usos múltiples no que desenvolver actividades e eventos co fin de poñer en valor o acervo cultural do municipio.

Unha rehabilitación integral do edificio que incluirá obras no exterior para recuperar a fachada, cuberta e carpintería exterior, mentres que no interior redistribuiranse os espazos e levaranse a cabo todas aquelas accións encamiñadas a adaptar o inmoble ás normativas de accesibilidade e seguridade.

A rexedora local destaca a idoneidade de ubicar neste edificio as oficinas de Turismo por atoparse na rúa Isidoro Queimaliños por onde discorre o Camiño de Santiago sendo o turismo de peregrinos o 90 % do fluxo turístico do municipio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará