Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Festival de títeres xa ten o 90% das entradas vendidas

Venta de entradas para el festival de títeres

O XXII Festival Internacional de Títeres de Redondela  (Memorial Juanjo Amoedo) chega ao 90% de ocupación nos espectáculos programados nesta edición. As últimas entradas poderanse adquirir ata o venres no Multiúsos da Xunqueira. Para os espectáculos de sala poderanse mercar na billeteira física ubicada  xunto a Churrería de Pepe, en horario de 10:00h a 13:00h e un prezo único de 5€; e para as propostas de rúa, cun prezo simbólico de 1€, poderanse retirar no mostrador do Multiúsos de 10:00h a 14:00h e o tamén o venres, de 17:00h a 20:00h.

A cita familiar arrancará a vindeira semana, con máis de 40 actividades do 1 ao 5 de setembro. Ademais das propostas teatrais, para as que é imprescindible acceder con entrada, as rúas ateigaranse de novo de espectáculos itinerantes e moita música, a cargo de Dixie Kings, Fanfarria Taquikardia, Charanga Bicoia, Os Alecríns, Turre’s Band, Educateatro, Cía Paporrubio, Les Grandes Personnes e Opakar.

Venda de camisolas

Malia que durante a semana do festival non se vendan entradas, a tradicional venda de camisolas e chapas continuará a semana que vén. De mércores a venres en horario de 17:30h a 21:00h, e sábado e domingo tamén de 12:00h a 14:00h. No mesmo posto poderase conseguir tamén o cartel desta edición e o programa de actividades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará