Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Malestar de veciños e usuarios ante o anuncio do Goberno de non eliminar a peaxe alegando razóns de mobilidade

peaxe

O secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Transportes, Sergio Vázquez Torrón, en declaracións a La Voz de Galicia recoñece que non está nos plans do goberno eliminar a peaxe de Redondela para todos os usuarios nin a curto nin a medio prazo. Un tramo que si é gratuíto para os vehículos pesados e os lixeiros que fan o percorrido ida e volta en menos de 24 horas e que portan o dispositivo de telepeaxe. Aseguran que esta decisión non responde a unha cuestión económico senón por razóns de mobilidade. Afirman que varios informes revelan que a eliminación da peaxe en Redondela podería provocar colapsos na autoestrada. Algo que asociacións de veciños e usuarios consideran absurdo e aseguran que continuarán coas mobilizacións de cara a esixir a eliminación dunha peaxe que é inxusta e discriminatoria.   

Marcial Pérez, presidente da Asociación de Veciños de Chapela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará