Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As bibliotecas municipais recuperan o seu horario de tarde e organizan un contacontos

biblio

Arranca o curso escolar e as bibliotecas recuperan o seu horario de mañá e tarde. No caso da biblioteca Valle Inclán será a partir do luns día 13. Os lectores poderán facer uso da sala xeral en horario de 10:00 a 14:00 horas pola mañá e de 17:00 a 20:00 horas pola tarde. A sala infantil abrirá exclusivamente de cinco a oito.

Recupera tamén o seu horario de tarde a biblioteca Xela Arias de Chapela, pero neste caso será xa a partir de hoxe día 6 cando esas instalacións abran de catro da tarde a nove da noite.

Contacontos

E xa con horario de tarde, esta biblioteca retoma tamén as actividades de contacontos con “Levántate Xan!”. Unha proposta de narración oral que o contador Caxoto Díaz Valle levará ao Auditorio do Multiúsos o xoves 16 de setembro, ás 18:00 h. Unha actividade de balde pero que precisa de inscrición previa no teléfono 986 454226 ou no enderezo bibliotecachapela@redondela.gal. A actividade está pensada para cativos e cativas de entre 18 meses e 4 anos, acompañados das súas familias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará