O accidente producíase as 10:30 horas da mañá logo de que o condutor da moto perdera o control do vehículo debido a unha mancha de gasoil ou aceite que había na intersección das estradas N-550 e N-555. O motorista resultou ferido leve e foi trasladado en ambulancia a un centro hospitalario.
O servizo de conservación de estradas procedeu a limpeza da vía para evitar un novo accidente, facéndose cargo da investigación a Policía Local de Redondela.