Intenso mes de setembro en canto á convocatoria de varias sesión plenarias. Se o xoves tiña lugar a ordinaria correspondente ao mes de agosto, hoxe ás 16:00 horas celébrase no Multiúsos da Xunqueira unha sesión extraordinaria. Sobre a mesa un único punto: debater a continuidade por razón de interese social da empresa contratada para a xestión do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) dependente do departamento de Servizos Comunitarios e confianciada pola Xunta de Galicia, o Concello de Redondela e as propias persoas usuarias.
O pleno poderase seguir de xeito presencial no propio Multiúsos ou a través do Facebook do Concello.