Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación Cultural de Chapela reclama novos locais para atender as demandas da parroquia

escola música

Máis de 600 persoas inscribíronse neste novo curso nas actividades impartidas por esta asociación nas instalacións do Multiúsos do Piñeiral do Crego e na Escola de Música. As actividades ofertadas atópanse na súa maioría con alumnos en lista de espera, do mesmo xeito que algunhas especialidades musicais.

De feito, algunhas especialidades aprazan a súa posta en marcha ata xaneiro do 2022 por problemas de espazo derivado polas obras de mellora das instalacións de servizos sociais na parroquia “unha obra que aínda sendo necesaria ven agravar aínda mais a falta de espazo existente na parroquia para o desenvolvemento de actividades culturais” explica Fernando Casas dende a Asociación Cultural.

Fernando Casas fala da gran demanda de actividades que hai na parroquia e arredores

Ante esta situación reclaman que se lle dea prioridade a este tema na axenda política local. Logo de varias conversas co goberno a opción máis viable ao seu entender sería ubicar a escola de Música no edificio que se faga no terreo do antigo Colexio Igrexa e que o local que actualmente ocupa a escola se ceda para uso doutras asociacións.  

Conversas con Concello

Lembran que o centro de formación musical atende a unha poboación de mais de 8000 habitantes á que se suman as parroquias da súa área de influencia (Trasmañó e Cedeira) e que as súas diferentes formacións musicais, Banda de Música, Banda-Escola, Grupo de gaitas, Grupo de pandeiretas e grupos de cámara atópanse cun grave problema para a realización dos seus ensaios, que durante o verán realizáronse no exterior das instalacións, e cun futuro incerto cara a chegada do inverno.

Demanda de locais que xa vén de lonxe

Nunha situación similar atópanse as actividades que a Asociación Cultural oferta nas instalacións do Multiúsos do Piñeiral, das cales algunhas delas deben quedar aprazadas en principio ata o mes de febreiro,  cunha gran lista de espera en moitas das que xa están en marcha, así como a imposibilidade de realizar novos proxectos de carácter social e cultural, isto sen contar que no mesmo centro realizan tamén as súas actividades 5 asociacións máis , algunhas delas, do mesmo xeito que a Asociación Cultural de Chapela, cun forte carácter social, atendendo un número importante de persoas da terceira idade e problemas de saúde.

A Asociación continua mantendo reunións con diferentes concelleiros/as e representantes políticos do noso concello para atopar alternativas que dean solución e prioridade a esta demanda.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará