Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Gala do Deporte no Castelo de Soutomaior homenaxea a Fran Teixeira

homenaxe

Os xardíns do Castelo de Soutomaior serán escenario este xoves, ás 19.00 horas, da Gala do Deporte provincial, organizada pola Deputación de Pontevedra, na que se entregarán as bolsas DepoDan e DepoPromesa a 181 deportistas que teñen a marca provincial. A Gala arrancará cunha homenaxe a Fran Teixera, histórico adestrador de balonmán e técnico do BM Chapela durante 14 campañas ininterrompidas, falecido recentemente, e contará coa actuación musical de Carlota Crey.

No evento, que será conducido polo xornalista Terio Carrera e a capitana do Atlético Guardés de balonmán feminino, Lorena Pérez, farase un recoñecemento especial ás olímpicas, olímpicos, paralímpicas e paralímpicos que deixaron tan alto o nome da provincia nos Xogos de Tokio, así como a todas as e os deportistas de alto nivel e “promesas” que tantos éxitos acadan ano tras ano convertendo á provincia en todo un referente no mundo do deporte.

A presidenta da Deputación amosou o seu orgullo “polo nivelazo do noso deporte e lembrou que é o terceiro ano que a Deputación de concede as bolsas DepoDan e DepoPromesa “que permite ás e aos deportistas adestrar e preparar os seus obxectivos e tamén que poidan participar en competicións nacionais e internacionais”. Do total das bolsas concedidas 137 serán para deportistas de alto nivel, que recibirán 174.300 euros, e as 44 restantes para deportistas promesa, que contarán con 24.700 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará