O accidente tiña lugar na N-555 na estrada entre Redondela e o aeroporto ás 21:00 horas do sábado. No sinistro víanse implicados tres vehículos e resultan feridas de carácter leve tres persoas, dous homes e unha muller, que foron trasladadas en ambulancia a un centro hospitalario para seren atendidos das súas feridas.
Ás 21:05 o 112 Galicia recibía a aleta do accidente desprazándose ata o lugar axentes da Policía Local e dos servizos de emerxencia, así como a Garda Civil de tráfico e os membros de protección civil de Redondela.
A colisión produciuse no punto kilométrico 1 en Fortóns, cando un dos vehículos saíase da estrada e batía contra os outros dous que viñan en dirección contraria. Descoñécese o motivo de que o condutor perdera o control do turismo, aínda que o mal tempo podería estar detrás do acontecido.
Afortunadamente non hai que lamentar feridos graves nun accidente que se producía nunha estrda con moitas curvas e especialmente complicada.