Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta investirá 390.000 € para mellorar e eliminar os cheiros da depuradora de Comboa en Soutomaior

comboa

Executaranse as obras de actualización desta planta de tratamento de augas residuais, coa substitución de equipos e elementos obsoletos que xa cumpriron a súa vida útil, para adaptala á nova normativa. Segundo o convenio, a Xunta comprométese a financiar integramente as actuacións e a contratar e executar as obras. Un dos obxectivos principais é eliminar os cheiros que produce a instalación actual.

A administración hidráulica da Xunta asume integramente o financiamento, a contratación e a execución das obras de renovación da estación depuradora, adaptándoa á nova normativa. As obras serán cofinanciadas no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014/2020.

Pola súa banda a entidade local deberá pór á disposición os terreos necesarios para executar as obras, tramitar as autorizacións precisas para posibilitar a súa realización e asumir posteriormente as actuacións que se leven a cabo.

A planta depuradora de Comboa púxose en funcionamento no ano 2001. Trátase dunha infraestrutura que na actualidade presenta problemas de xeración de cheiros e carece dun pozo de grosos previo, o que provoca que areas, trapos, pedras e outros elementos cheguen aos equipos de filtración provocando, á súa vez, atascos. Esta circunstancia implica paradas na planta e alivios ao río Verdugo de auga sen tratar.

As actuacións recollidas no proxecto redactado por Augas de Galicia teñen como obxectivo mellorar o estado das instalación e incrementar o control sobre a explotación da depuradora, así como a implementación dos sistemas de desodorización; promovendo no seu conxunto un avance na calidade ambiental da zona.

Na actuación inclúese, ademais, a retirada da cuberta actual e instalación dunha nova da mesma tipoloxía, a montaxe de equipo de aire acondicionado en sala de control, a colocación dun silo de lodos na zona de entrada á depuradora de 10 m3, así como electricidade e a iluminación.

Con estas obras darase servizo a unha poboación de 2.411 habitantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará