Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lecturas radiofónicas de poemas escritos por mulleres para conmemorar o Día das Escritoras

elena+m josé

O Día das Escritoras é unha conmemoración que busca reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras. Promovido pola Biblioteca Nacional de España xunto á Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas, este ano celebrarase o día 18 de outubro baixo o lema “Ler as idades da vida”. Para celebrar esta data durante toda a semana e da man das Bibliotecas Municipais escoitaremos na Radio Municipal de Redondela poemas escritos por diferentes autoras nas voces de Mª Elena Becerra e Mª José Villar.

As Bibliotecas súmanse así a esta conmemoración logo de que o ano pasado se incorporaran ao proxecto Bibliotecas en Igualdade que trata de dar a maior visibilidade á lectura de obras de autoría feminina, segundo nos explicaba a responsable da biblioteca, Mª Elena Becerra

E para conmemorar este Día das escritoras e en colaboración coa Radio Municipal, durante toda a vindeira semana emitiremos a lectura de diferentes poemas entre os que destacan os dunha muller tan vinculada ao noso concello como é Xela Arias, quen da nome á Biblioteca de Chapela.

Outros actos previstos consistirán na colocación dun Centro de Interese con obras de escritoras e o reparto de marcapáxinas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará