Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior retoma os roteiros medioambientais

roteiros

Baixo o lema Coñece o teu concello e arredores, retómase este programa de roteiros que arrancarán o domingo 24 de outubro cun roteiro micolóxico polos montes de Arcade Soutomaior. O 7 de novembro a proposta levará aos participantes ata o Rosal para visitar os Muíños do Folón. A inscrición pode facerse na páxina web do concello gabinetesoutomaior.com

A primeira das actividades comezará cunha pequena explicación que se realizará no Multiúsos en Arcade e que terán unha duración de 1 h para expoñer conceptos básicos sobre micoloxía: concepto de fungo, cogomelo, hifa, micelio, espora, partes dun cogomelo, aspectos ecolóxicos etc. Abordaranse tamén cuestións prácticas como principais especies comestibles e velenosas que se poden atopar en Galicia en outono. Con esta explicación chegarase a segunda parte da xornada que consistirá en saír en grupo a recoller cogomelos polos montes de Arcade e Soutomaior baixo a dirección de Jaime Blanco da Asociación Micolóxica Brincabois.

As prazas son limitadas e as inscricións realizaranse previamente en liña ata o venres 22 de outubro.

A segunda cita deste programa será o domingo 7 de novembro para realizar un roteiro fóra do municipio pero que ten un gran valor patrimonial e medio ambiental polos “Muíños do Folón e o Picón” . Este roteiro percorre os 67 muíños hidráulicos do Folón e do Picón, no concello do Rosal. Declarados Ben de Interese Cultural (BIC) polos seus valores patrimoniais materiais e inmateriais, os muíños que compoñen este conxunto datan dos séculos XVII e XVIII. Neste roteiro circular descubrirase o rico patrimonio etnográfico, unha contorna natural de impresionantes vistas e unha paisaxe dominada polos contrastes da montaña e o val do Miño. O roteiro será guiado por Patricia Muñoz, guía oficial de Amodo turismo,  e contará con diversas paradas interpretativas nos puntos de maior interese patrimonial, natural e paisaxístico.

As prazas son limitadas e as inscricións serán en liña ata o venres 29 de outubro ás 14 h.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará